Monday 29 de April de 2024

A Pobra incorpora un DJ á noite do inicio das festas do Carme dos Pincheiros


A Pobra do Caramiñal engade un DJ á programación do Carme dos Pincheiros para incrementa-la oferta de lecer coa que desfrutar da noite do 19 de agosto.

A sesión musical correrá a cargo de Chocolate Disco Móvil a partir das 23.59 horas na praza Alcalde Segundo Durán.

Organiza a Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), xunto coa comisión de festas.